O Open Cidade do Lérez de Taekwondo regresa "con moita forza"
Por Diego Espiño
O pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe será escenario o vindeiro sábado 11 de xuño dunha competición xa asentada no calendario deportivo local e que regresa tras o parón da pandemia, o Open Cidade do Lérez de taekwondo.
O evento "empezou en 2011, tivemos dous anos de parón pero volvemos con moita forza", asegurou Toño Ríos, presidente do club organizador, o Taekanart de Pontevedra.
Serán en total 367 os deportistas que tomarán parte no evento, pertencentes a 32 clubs de Galicia e Portugal. Todo iso na modalidade de combate.
"Estou seguro de que vai ser un éxito", asegurou tamén na presentación do Open o edil de Deportes, Tino Fernández, xunto a representantes da Federación Galega de Taekwondo e da Deputación.
A actividade dará comezo ás 10.00 horas da mañá coa competición das categorías Infantil, Precadete e Sénior, continuando ás 15.00 horas da tarde coas idades Cadete e Júnior.
A entrada para o público será de balde.
Relacionadas:
-
O Open Cidade do Lérez celebra este sábado en Príncipe Felipe a súa edición máis numerosa
Por Redacción |
-
Medio milleiro de nenas e nenos pelexan este sábado polo campionato autonómico escolar de taekwondo
Por Redacción |
-
Pontevedra celebra a festa do taekwondo co Open Cidade do Lérez
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sergio Troitiño triunfa en Bulgaria nos Multieuropean Games
Por Redacción |
-
Iván García proclámase subcampión de Europa de taekwondo en Manchester
Por Redacción |
-
Medalla de ouro para Iván García no Open de España de taekwondo
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño e Silvia Otero, ouro e prata no Campionato de España Júnior de taekwondo
Por Redacción |