Designan Pontevedra como sede do Campionato de España de Fútbol sub 14 e 16 de Seleccións Autonómicas
Por Redacción
A cidade de Pontevedra será sede o próximo mes de xuño da fase final do Campionato de España de Fútbol Sub-14 e Sub-16 de Seleccións Autonómicas, segundo confirmou a Real Federación Galega de Fútbol.
A cita celebrarase concretamente do 17 ao 22 de xuño en varios campos de fútbol da capital provincial e a súa comarca.
Serán un total de 38 as seleccións que tomarán parte no campionato, entre as dúas categorías, coa presenza de máis dun milleiro de deportistas participantes.
No que respecta a Galicia, clasificouse no Grupo Ouro de ambas as dúas categorías, polo que loitará polo título nacional xunto a outros sete equipos, mentres que o resto de participantes competirán no Grupo Prata nun cadro de consolación.
A Federación desvelará proximamente os campos e horarios previstos para a celebración do Campionato.