Sorteada a fase final do Campionato de España Sub-14 e Sub-16 de fútbol que se celebrará en Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
O Pazo da Cultura de Pontevedra foi escenario este luns da presentación e sorteo da fase final dos Campionatos de España de Fútbol Sub-14 e Sub-16 de Seleccións Autonómicas.
Trátase dunha competición que se desenvolverá na Boa Vila entre o 17 e o 22 de xuño, coa presenza de 38 combinados autonómicos (19 en cada categoría). Deles 16 loitarán polo título de campión na Fase Ouro, e o resto farao na Fase Prata nun cadro de consolación.
Galicia contará con representación en ambas as dúas categorías no Grupo Ouro, quedando encadrada en idade Sub-14 con Asturias, Comunidade Valenciana e Andalucía, mentres que en categoría Sub-16 verá as caras contra Illas Baleares, Andalucía e Comunidade Valenciana.
do Campionato de España sub 14 e sub 16 de Seleccións Autonómicas
— RFGF (@futgal) June 6, 2022
FASE OURO
FASE PRATA
Pontevedra
17-22 de xuño#CampeonesSub14RFEF#CampeonesSub16RFEF pic.twitter.com/GdYDYuSAEW
No sorteo estivo presente o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, xunto a representantes políticos como o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.