O Teucro pon en apertos a un Córdoba que xogará a permanencia na última xornada (21-25)
Por Redacción
A xa descendida Sociedad Deportiva Teucro puxo contra as cordas este sábado no Príncipe Felipe a un Cajasur Córdoba que fixo os deberes superando ao pontevedreses pero xogarase a permanencia na última xornada, onde non dependerá de si mesmo.
Entrou ben o cadro pontevedrés no partido, que conseguiu unha primeira renda de tres goles a favor que se mantivo ata alcanzado o minuto 25, cando o equipo visitante axustou o seu defensa para, tirando de contragolpe, empatar o duelo.
Raúl Morais era o máis inspirado dos cordobeses e grazas ao seu acerto nos instantes finais do primeiro acto, o seu equipo deu a volta ao marcador para irse cun gol de vantaxe ao descanso (9-10).
Despois do paso polos vestiarios tórnalas cambiaron e foi o Córdoba o que pasou a dominar. Colleu unha vantaxe de tres goles que neutralizou o Teucro no ecuador do segundo acto pero, nos instantes decisivos e sabendo o moito que se xogaban, tomaron de novo as rendas para superar ao Teucro sen demasiado sufrimento (21-25).
Relacionadas:
-
Triste despedida de tempada para o Teucro ante o Sant Quirze (28-27)
Por Almu Dapena |
-
A loita polo ascenso do Cisne obriga o Teucro a 'exiliarse' en Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
O Teucro perde ante o Esplugues tras un partido igualado (32-31)
Por Redacción |
-
Vitoria intranscendente do Teucro fronte a un tamén descendido Sarrià (32-25)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro descende a Primeira Nacional (30-36)
Por Almu Dapena |