A loita polo ascenso do Cisne obriga o Teucro a 'exiliarse' en Príncipe Felipe
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Pavillón Municipal dos Deportes será o vindeiro sábado 21 de maio (19.00 horas) dun partido que pode pasar á historia do Club Cisne Balonmán, e é que o equipo pontevedrés pode certificar o seu segundo ascenso á máxima categoría, a Liga Asobal.
Para iso os de Jabato necesitan soamente vencer ao seu rival, o Barcelona B, sen ter que mirar cara a un Puerto Sagunto que conta con tres puntos de desvantaxe e que se enfrontará en casa ao San Pablo Burgos, a só dúas xornadas da conclusión da liga.
Esta posibilidade de ascenso fixo que o Servizo Municipal de Deportes de prioridade ao Cisne fronte á Sociedad Deportiva Teucro, que tamén debe xogar o seu partido de liga na casa.
Ao contar as dúas últimas xornadas con horario unificado na División de Honra Prata, os azuis veranse obrigados a 'exiliarse' no seu encontro fronte ao Cajasur CBM, equipo que se juga a súa continuidade na categoría.
Debido a esta situación, o Teucro escolleu o pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe para o que será o seu penúltimo choque dunha tempada que quedará na memoria polo seu descenso a Primeira Nacional. A entrada para este partido será de balde.