Fin de semana de 'xóvenes promesas' do piragüismo no Pontillón
Por Redacción
A Liga Nacional de Xóvenes Promesas de Augas Tranquilas viviu a segunda competición da tempada no encoro pontevedrés do Pontillón do Castro en Verducido, coa celebración da Copa de España de 1000 e 500 metros para a categoría cadete.
Na clasificación xeral por equipos un representante galego, o Club Náutico Pontecesures, fíxose coa segunda posición con 388 puntos, sendo o triunfo para o Piragüismo Aranjuez con 422 puntos e o terceiro posto para o o Círculo Mercantil de Sevilla con 275 puntos. Pola súa banda o Club Escola de Piragüismo Poio ocupou o 11º posto (187 puntos) seguido da EP Ciudad de Pontevedra (174), co Breogán do Grove na 15ª posición (132).
A nivel individual Martín Expósito (EP Ciudad de Pontevedra) era primeiro no C-1 Cadete A 1.000 metros con Nicolás Braña (Piragüismo Poio) en segundo lugar, mentres que o vilagarcián do Piragüismo As Torres Jairo Zurita gañaba o ouro en Cadete B.
Tamén Lara Remigio (Breogán) facíase co ouro en Cadete B, con Lucía Tenreiro do Piragüismo Illa de Arousa en segundo lugar no K-1 500 sendo bronce Natalia Moreira (Ciudad de Pontevedra) en Cadete B.
Iso foi na xornada de sábado, e o domingo chegaron máis podios como o ouro do C-2 500 masculino do Piragüismo Poio, así como no C-2 mixto. En kaiak pola súa banda a dupla do Piragüismo Illa de Arousa conseguía o segundo posto.
Para finalizar, as carreiras de K-4 500 deixaban a medalla de ouro para a piragua do Piragüismo Verducido en categoría feminino e do C-4 masculino do Piragüismo Poio.
Relacionadas:
-
Manuel Fontán e Pablo Graña, quintos nunha Copa do Mundo marcada polo mal tempo
Por Redacción |
-
Os padeeiros non se moven do Pontillón: esta fin de semana, Copa de España de Novas Promesas
Por Redacción |
-
O Breogán do Grove triunfa na Copa de España de piragüismo por equipos
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés cumpre o expediente na segunda xornada do selectivo nacional
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Adrián Sieiro no C-2 e Tere Portela e Carolina García no K-4 logran o seu billete para a Copa do Mundo
Por Diego Espiño |
-
Choiva de medallas para o piragüismo galego na I Copa de España Sprint celebrada en Verducido
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |