O Supermercados Froiz lucirá o logo de Combarro na súa equipación
Por Redacción
O Concello de Poio e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz veñen de asinar un novo convenio de colaboración, a través do cal a Administración municipal realiza unha achega económica, a modo de patrocinio, para o equipo comandado por Evaristo Portela, que lucirá na súa equipación oficial o logotipo co que se conmemoran os 50 anos do nomeamento de Combarro como Conxunto Histórico.
A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), lembra que o GD Súper Froiz é o segundo equipo máis lonxevo do panorama ciclista afeccionado a nivel nacional. Nestes 35 anos de existencia, o equipo ciclista consolidouse como un referente na súa categoría, acadando un gran número de triunfos e éxitos.
"Falar do GD Súper Froiz é facelo dun dos grandes referentes do noso municipio a nivel deportivo e social", lembra a edil do goberno municipal, que entende que este convenio é moi beneficioso para o Concello desde o punto de vista promocional, ao ir da man "dunha entidade que ten unha gran repercusión mediática e que transmite uns valores de superación, esforzo, traballo e compromiso cos que nos sentimos plenamente identificados".
Marga Caldas incide, ademais, na importancia de subscribir este convenio neste 2022 para dar unha maior visibilidade e promoción ao núcleo de Combarro, cuxo nomeamento como Conxunto Histórico data de 1972.
Relacionadas:
-
Aroa Otero dálle ao Froiz o título cadete da Copa de España de BTT
Por Redacción |
-
Destacable actuación do Froiz na Volta Ciclista á Coruña
Por Redacción |
-
Dobre medalla para o Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Raúl Casalderrey, do Froiz, terceiro clasificado sub 23 no Campionato de Galicia
Por Redacción |
-
Poio inicia a tramitación para o nomeamento de Magín Froiz como Fillo Adoptivo
Por Redacción |
-
O espírito de superación e deportividade de Magín invade a posta de longo do Supermercados Froiz
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O ciclismo galego rende homenaxe a Magín Froiz, "unha persoa irrepetible"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Poio nomeará a Magín Froiz como fillo adoptivo do municipio
Por Oskar Viéitez |