Aroa Otero dálle ao Froiz o título cadete da Copa de España de BTT
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz deuse unha alegría na Copa de España de BTT grazas a unha das súas novas promesas, Aroa Otero.
A ciclista do conxunto pontevedrés proclamouse en Granada campioa do certame na súa categoría cadete, na última dos seus cinco probas puntuables
A pesar da dificultade da carreira, con moitas caídas nas que se viron implicadas as ciclistas do Froiz, Aroa conseguiu finalizar no cuarto lugar asegurándose os puntos suficientes.
Así, con 890 puntos e dous triunfos esta tempada, superou na clasificación xeral de Silvia Cuatrecasas (802 puntos) e Alba Fernández (719), segunda e terceira respectivamente.
Pola súa banda Uxía Soto, minguada no seu rendemento por unha enfermidade, só puido ser sexta na proba júnior finalizando a Copa de España de BTT na terceira posición xeral da súa categoría.
Relacionadas:
-
Recta final na tempada do Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
A júnior Uxía Soto suma un bronce para o Supermercados Froiz no nacional de XCO
Por Redacción |
-
Destacable actuación do Froiz na Volta Ciclista á Coruña
Por Redacción |
-
Dobre medalla para o Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Raúl Casalderrey, do Froiz, terceiro clasificado sub 23 no Campionato de Galicia
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz lucirá o logo de Combarro na súa equipación
Por Redacción |