Dobre medalla para o Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción
Destacada actuación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz no Campionato Galego Contrarreloxo celebrado na localidade coruñesa das Pontes coincidindo co Día das Letras Galegas.
Na proba masculina e cun percorrido de 20,3 quilómetros, impúxose o uruguaio Eric Fagúndez, do Aluminios Cortizo, cun tempo de 28:03 seguido do romanés Luncan Serban ( Drone Hopper). Ningún deles contabilizaba a efectos do campionato galego, polo que o título foi para o terceiro ciclista máis rápido.
Ese foi o sub-23 Raúl Casalderrey, do Froiz, ao parar o crono nun tempo de 28 minutos e 54 segundos.
Ademais o equipo pontevedrés sumou tamén unha medalla de ouro en categoría júnior feminina por medio de Laura Mira.
Completaron a representación do Froiz Aroa Otero cun cuarto posto en idade cadete con Marta Estévez en quinta posición.
Relacionadas:
-
Recta final na tempada do Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
Aroa Otero dálle ao Froiz o título cadete da Copa de España de BTT
Por Redacción |
-
Destacable actuación do Froiz na Volta Ciclista á Coruña
Por Redacción |
-
Raúl Casalderrey, do Froiz, terceiro clasificado sub 23 no Campionato de Galicia
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz lucirá o logo de Combarro na súa equipación
Por Redacción |