O Teucro segue o seu camiño cara o abismo e perde contra o Alarcos Ciudad Real (32-26)
Por Almu Dapena
A Sociedad Deportiva Teucro continúa co seu camiño cara o abismo despois de perder contra o Alarcos Ciudad Real no primeiro partido da segunda volta. O cadro pontevedrés, que certificou o seu descenso a Primeira Nacional a xornada pasada, viuse excedido durante practicamente todo o encontro e caeu con por un contundente 32-26.
Comezou metido no partido o cadro adestrado por Irene Vilaboa, pero para portería cometía demasiados erros que se castigaron cun parcial de inicio de 5-2 aos dez minutos, que obrigaban á adestradora azul a parar o tempo.
Reduciu distancias o Teucro con Víctor Deco e Caue Herrera, pero o Alarcos estaba cómodo e, cunha defensa cómoda e un ataque á vez, devolveu o golpe logrando unha vantaxe de 6 tantos que deixaba moi tocados aos de Pontevedra (11-5).
Foi a partir de aí cando os azuis rexurdiron das súas cinzas para, grazas ás intervencións de Killian Ramírez baixo paus e a superioridade numérica pola exclusión de Claudio Ramos, recortar distancias e colocarse a tan só un gol do empate cando aínda quedaban 5 minutos de primeira parte, tempo no que un solitario gol de Jose Palacios puxo o 13-11 co que se alcanzou o descanso.
E a partir do intermedio o único equipo que houbo sobre a cancha foi o Alarcos Ciudad Real, que puxo terra polo medio aproveitando a pasividade dun Teucro que non tiña nada que perder pero tiña a obrigación de mostrar boa imaxe.
Pero os erros seguiron sucendiéndose un tras outro. Non había maneira de atravesar a defensa local e Irene Vilaboa optaba por pedir tempo morto para reverter a situación que se estaba complicando cada vez máis (18-11).
E é verdade que Gonçalo Areias tentou tirar do carro e dos seus compañeiros, anotando seis goles e converténdose no máximo anotador do Teucro, todo insuficiente para bater a un Alarcos que se atopaba cada vez máis cómodo e só tiña que manter a renda conseguida ata o momento (28-20).
Quedaba pouco menos de 10 minutos e o partido xa estaba visto para sentenza. Maquillaron os de Lérez o resultado nos últimos instantes, insuficientes para puntuar unha semana despois de certificar o seu descenso a Primeira Nacional (32-26).
Relacionadas:
-
O Teucro perde ante o Esplugues tras un partido igualado (32-31)
Por Redacción |
-
Inicio de segunda volta para un Cisne que busca o ascenso e un Teucro que quere maquillar o seu descenso
Por Redacción |
-
O Teucro descende a Primeira Nacional (30-36)
Por Almu Dapena |
-
O desastre do Teucro continúa en Córdoba (39-33)
Por Almu Dapena |
-
Continúa a crise do Teucro tras caer no Municipal contra o Esplugues (22-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |