A diferenza de goles, un factor que pode decidir o ascenso
Por Diego Espiño
Restan 7 xornadas para o final da liga na Segunda RFEF e todo está por decidir aínda para o Pontevedra Club de Fútbol, que tras o seu triunfo do domingo fronte ao líder Unión Adarve reduciu a só tres puntos a súa desvantaxe sobre a única praza de ascenso directo.
Os granates, aínda que non dependen de si mesmos, están a só un encontro de distancia, pero, que pasaría en caso de empate final a puntos co Adarve ou con outro rival?
A vitoria pola mínima en Pasarón fronte aos madrileños (3-2) non desfai o empate no average particular entre ambos os equipos tras o 2-1 a favor do Adarve na primeira volta. Por ese motivo hai que mirar cara á diferenza xeral de goles.
Neste apartado os dous equipos encaixaron 27 goles, pero o Pontevedra suma 7 tantos máis que o seu rival (52 contra 45). Esa é a diferenza que a día de hoxe decidiría un empate a puntos entre ambos en favor dos granates, pero todo pode dar aínda moitas voltas no que resta de liga.
Pola súa banda o terceiro en discordia, un Navalcarnero ao que renderá visita o Pontevedra o vindeiro domingo 3 de abril, queda tres puntos por detrás na táboa. Neste caso, ao empatar na ida en Pasarón (0-0), tamén estará en xogo saber quen sairía beneficiado en caso de igualdade de puntos. Se hai que recorrer ao diferencial total, os da Boa Vila contan con moita vantaxe cun +25 polo +7 co que conta o Navalcarnero.
Todo apunta, tal e como recoñeceu na rolda de prensa post-partido o adestrador pontevedrés, que a igualdade se manterá ata o final da competición, polo que cada pequeno factor pode resultar decisivo.
Neste tramo final o Pontevedra xogará, por esta orde, contra o Navalcarnero a domicilio (3º clasificado), Avilés na casa (12º), Arosa fóra (16º), Langreo en Pasarón (11º), Ceares como visitante(18º), Salamanca como local (17º) e Palencia fóra (7º).
Pola súa banda o calendario do Unión Adarve é ante Compostela (5º), Móstoles (9º), Leganés B (10º), Bergantiños (4º), Arenteiro (8º), Marino de Luanco (14º) e Llanera (15º), e o do Navalcarnero mediralle ao Pontevedra e despois a Compostela (5º), Móstoles (9º), Leganés B (10º), Bergantiños (4º), Arenteiro (8º) e Marino de Luanco (14º).
A emoción está servida.
Relacionadas:
-
O Pontevedra repite promoción e regala entrada aos seus socios para que Pasarón volva ser unha caldeira
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra axexa o Adarve: seis finais e mínima vantaxe
Por Manu Otero |
-
Golpe enriba da mesa do Pontevedra en Navalcarnero (0-2) para poñerse a un punto do liderado
Por Diego Espiño |
-
Navalcarnero, duro test para as aspiracións do Pontevedra: "Teño a sensación de que vai ser un partido de goles"
Por Diego Espiño |
-
O Mariano González, un estadio de grato recordo para o Pontevedra e para Álex González
Por Diego Espiño |
-
Competición acepta o recurso do Pontevedra e invalida a quinta amarela de Churre
Por Diego Espiño |
-
Churre pérdese a 'final' de Navalcarnero, con outros tres granates en risco de suspensión
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino, convencido de que "se gañamos os sete partidos que quedan imos ser campións"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra honra o seu eterno capitán cunha épica remontada diante do líder (3-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |