O Pontevedra repite promoción e regala entrada aos seus socios para que Pasarón volva ser unha caldeira
Por Manu Otero
O Pontevedra ten o liderado a punto. Quedan tres partidos en Pasarón e no club saben que os tres puntos non poden escapar. Para asegurar as vitorias son conscientes de que o apoio da afección é fundamental, por iso decidiron prorrogar unha xornada máis a mesma promoción que estrearon para a visita do líder Unión Adarve e que permitiu que o templo do Lérez tivese o mellor ambiente da tempada.
A oferta consiste en que cada socio poderá retirar unha entrada gratuíta para a súa mesma bancada. Para facelo poden achegarse ata as oficinas do club no estadio de luns a venres en horario laboral (de 9 a 14 e de 16 a 19 horas) ou reservalas a través do correo electrónico socios@pontevedracf.com e recollelas en despacho de billetes o domingo a partir das 16 horas.
Ademais, para os afeccionados con idades comprendidas entre os 13 e os 16 anos o prezo dos tickets redúcese a 5 euros para as bancadas de Preferencia, Fondo Norte e Fondo Sur, mentres que para Tribuna o prezo será de 15 euros.
No caso dos menores de 13 anos, o acceso a calquera das catro bancadas será gratuíto. Iso si, todos os asistentes deberán levar o seu DNI para mostralo nos accesos e acreditar a súa idade.
Para o resto do público, os prezos son os mesmos que o resto da tempada. Unha entrada de Tribuna custará 25 euros, en Preferencia e Fondo Norte, 15 euros e en Fondo Sur, 10 euros.
O partido fronte o Real Avilés está previsto para o domingo 10 de abril ás 17 horas.
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez rebaixa a euforia: "Non somos campións, a relaxación non a permito"
Por Manu Otero |
-
Pasarón agarda ao Real Avilés, un aspirante ao playoff ao que o Pontevedra empuxou ao precipicio
Por Manu Otero |
-
Charles viste a Rufo e Brais de Igor e Yuri
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O Pontevedra axexa o Adarve: seis finais e mínima vantaxe
Por Manu Otero |
-
Seoane ve a súa quinta amarela desde o banco e será baixa para a visita do Avilés
Por Manu Otero |
-
A diferenza de goles, un factor que pode decidir o ascenso
Por Diego Espiño |