Convenio entre o Concello e a Federación Galega de Piragüismo para a celebración de catro campionatos
Por Redacción
O Concello de Pontevedra e a Federación Galega de Piragüismo rubricaron un convenio de colaboración para impulsar nos próximos meses catro campionatos autonómicos no Complexo Deportivo David Cal Pontillón do Castro, no encoro de Verducido.
En concreto o goberno local achegará 8.000 euros á Federación, segundo confirmou a concellería de Deportes.
As citas en cuestión son o Campionato Galego Sprint Sénior e Júnior (18 e 19 de julno), o Infantil (9 de xullo), o Cadete (10 de xullo) e o de Veteranos (23 de xullo), e que se suman aos eventos planificados na instalación pontevedresa ao amparo da Real Federación Española de Piragüismo.
"Os eventos deportivos para os que se solicita axuda son probas de grande interese público e social, polo elevado número de participantes e espectadores e polo nivel deportivo das probas, así como pola promoción do deporte de base, o turismo e a economía do noso municipio", explicou respecto diso o edil de Deportes, Tino Fernández.
Relacionadas:
-
Choiva de medallas para o piragüismo galego na I Copa de España Sprint celebrada en Verducido
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Oito medallistas olímpicos e outros moitos aspirantes cítanse esta fin de semana en Verducido
Por Manu Otero |
-
Os representantes españois para as Copas do Mundo de piragüismo elexiranse en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Verducido, sede prioritaria un ano máis no calendario de competición da Federación Española de Piragüismo
Por Diego Espiño |