O Arxil perde na prórroga ante o líder Almería (68-76)
Por Redacción
O asalto ao liderado non foi posible para o Club Baloncesto Arxil, que caeu na prórroga ante o líder Almería por 68-76.
Tomou a iniciativa o conxunto visitante para lograr unha renda de seis puntos no primeiro acto, liderado por unha acertada Mendes (18 puntos) que lle daba a vantaxe.
Deu a volta ao marcador o Arxil cun sublime segundo acto (18-11) co que se poñía co marcador ao seu favor ao chegar ao descanso (34-33).
Despois do paso polos vestiarios ambos os conxuntos seguiron ao seu e mantiveron en todo momento a igualdade, incapaces de provocar o erro rival co que poder marcar a diferenza, alcanzando o último cuarto con todo por decidir (46-48).
Sabían o que se xogaban tanto o Arxil como o Almería, e é que unha picada podía ser vital para disputar o play- off de ascenso. Conscientes diso, aferráronse con uñas e dentes a cada balón, tentando evitar erros que puidesen desencadear o fatal desenlace da derrota.
Conseguiron as de Mayte Méndez empatar unha vez máis a contenda (58-58) para ir a unha prórroga na que foi o Almería o que tivo unha reacción máis clara coa que superaron a un Arxil que non deixou de pelexar (68-76).
Consulta as estatísticas do Arxil-Almería
Relacionadas:
-
A falta de efectivos condena o Arxil en Melilla (77-59)
Por Redacción |
-
Recital do Arxil para colocarse a un paso de disputar o ascenso (76-60)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil brilla en Coruña e faise co derbi (74-90)
Por Redacción |
-
O Arxil busca asaltar o liderado este sábado no CGTD contra o Almería
Por Almu Dapena |
-
Varios positivos por covid-19 no Melilla obrigan a suspender a viaxe do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil gaña o León nun apretado final (75-70)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Ruth Adams volve lucirse para dar a vitoria o Arxil en Barakaldo (61-70)
Por Almu Dapena |
-
O Cortegada imponse no derbi ante o Arxil (61-63)
Por Cristina Saiz & Redacción |