O Arxil brilla en Coruña e faise co derbi (74-90)
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil brillou esta fin de semana no derbi ante o Maristas Coruña para facerse cunha importante vitoria por 74-90.
Ruth Adams con 25 puntos, Buzadzin con 24 e Forster con 18, lideraron ao conxunto pontevedrés para levar o triunfo en Coruña.
Brillaron no primeiro cuarto as xogadoras de Mayte Méndez, anotando un 12-27 que deixaba o partido case encarrilado.
Tentou o Maristas reducir distancias por medio de Griffin, a mellor do conxunto local con 27 puntos, pero o Arxil estaba a ser moi superior e tiña o partido baixo control cando se alcanzou ao descanso (33-45).
Despois do paso polos vestiarios o partido quedou visto para sentenza. O cadro pontevedrés seguiu brillando anotando todo o que tivo (50-71).
Aínda que o Maristas fixo o seu mellor cuarto no últimos dez minutos, o Arxil xa se levou o partido ao seu terreo e gañou por 74-90.
Consulta as estatísticas do Maristas Coruña-CB Arxil
Relacionadas:
-
O Arxil supera o Córdoba na recta final (66-71)
Por Redacción |
-
A falta de efectivos condena o Arxil en Melilla (77-59)
Por Redacción |
-
Recital do Arxil para colocarse a un paso de disputar o ascenso (76-60)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil perde na prórroga ante o líder Almería (68-76)
Por Redacción |
-
O Arxil gaña o León nun apretado final (75-70)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Ruth Adams volve lucirse para dar a vitoria o Arxil en Barakaldo (61-70)
Por Almu Dapena |
-
O Cortegada imponse no derbi ante o Arxil (61-63)
Por Cristina Saiz & Redacción |