Varios positivos por covid-19 no Melilla obrigan a suspender a viaxe do Arxil
Por Redacción
O partido de Liga Feminina Dous correspondente á xornada 21 que debía disputar o Melilla e o CB Arxil este sábado, no pavillón Guillermo García quedou aprazado debido á detección de varios casos positivos por covid-19 no plantel melillense.
Así o comunicou o conxunto local ás autoridades correspondentes, que confirmaron o aprazamento do partido.
A nova data terá que elixirse de forma consensuada entre ambos os conxuntos, senón será a Federación a encargada de fixar no menor prazo de tempo posible un día para recuperar a xornada perdida.
Segundo explicou a entidade, todos os positivos detectados atópanse con síntomas leves, confinados nos seus domicilios e baixo seguimento dos servizos médicos.
Desde o Arxil ven este aprazamento como "outra pedra máis no camiño" debido a que se trata da "segunda viaxe máis longo que debe realizar o Arxil e a falta de seis xornadas para acabar a liga regular, encaixar este partido no calendario vai ser complicado e será unha carga física e mental que haberá que xestionar ben", informan desde a entidade pontevedresa.