Pilar Garnelo ascende ao cuarto posto do ranking nacional de sabre cadete
Por Redacción
A Escola Hungaresa de Esgrima regresou con bo sabor de boca da súa participación na Lynx Cup de Barcelona, torneo puntuable para o ranking nacional cadete na modalidade de sabre e clasificatorio para o Campionato de España.
Na capital catalá brillou especialmente Pilar Garnelo, ao conseguir unha medalla de prata que lle fai situarse no cuarto posto do ranking.
Garnelo e Inés Silva representaron ao club pontevedrés en categoría feminina, superando a primeira fase na cuarta e a sexta posición respectivamente para avanzar a róldaa eliminatoria entre as 16 mellores.
Ambas as dúas superaron aos seus opoñentes no primeiro cruzamento, pero na final de 8 tiradoras Silva cedeu ante a madrileña Fabiola Villegas finalizando en sétima posición, mentres que a súa compañeira seguiu con paso firme impoñéndose ás tamén madrileñas Lucía Jimeno e Mar Fernández para alcanzar a final. Na rolda definitiva con todo non puido impoñerse a Fabiola Villegas, que se fixo co ouro cun resultado de 15 tocados a 8.
No que respecta a a competición masculina a Escola Hungaresa estivo representado por Iago González, André Martín, Samuel Ogando e Juan Ocampo. Só os dous primeiros superaron a fase previa, caendo André Martín no taboleiro de 64 tiradores, mentres que Iago González avanzou ata a rolda dos 16 mellores, onde foi superado polo catalán David Sagardi finalizando nunha meritoria 13ª posición.
Relacionadas:
-
Inés Silva, bronce no primeiro torneo de sabre júnior da tempada puntuable para o ranking nacional
Por Redacción |
-
A base da Escola Hungaresa divírtese a golpe de medallas
Por Redacción |
-
Os tiradores da Escola Hungaresa brillan no torneo de verán de esgrima antiga
Por Redacción |
-
O renovado pavillón da ONCE convértese no centro de operacións do taekwondo e a esgrima
Por Manu Otero |
-
Recoñecemento á Escola Hungaresa de esgrima tras o seu título nacional infantil
Por Redacción |