Pontevedra despide unha fin de semana chea de tríatlon
Por Redacción
Pontevedra despediuse este domingo dunha fin de semana chea de tríatlon. As competicións de paratriatlón e grupos de idade pecharon o Campionato de España de Tríatlon Sprint nunha xornada na que o bo tempo acompañou, a diferenza do día anterior. Gómez Noya, Kini Carrasco e Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Tríatlon foron os encargados de repartir as medallas entre os gañadores.
O clima foi agradable para os participantes e para os afeccionados, que acompañaron aos triatletas no seu percorrido polas inmediacións do río Lérez.
A partir das 9:00 horas deu comezo a última xornada da competición cos grupos de idade, mantendo os circuítos de natación e o ciclismo e a carreira a pé. Tamén se celebrou a primeira proba das PHO3NIX KIDS Triathlon Series , que contaron con 150 deportistas entre os 10 e 13 anos.
En paratriatlón, a olímpica Susana Rodríguez non puido revalidar o seu título nacional por un problema na súa bicicleta. O que si o logrou foi en PTSVI Héctor Catalá, do CEA Bétera, con Anxo Salamanca como guía. Seguíronlle Rafael Cabelo, do Credus, e Abel Torreblanca, do Caravaca Ortodent.
En PTSVII, o gañador foi Jorge Otalecu, do Hotel Os Monteros Tríatlon Marbella. Na categoría de cadeira de rodas, PTWC, impúxose Martín Berchesi, do Illes Balears XT. José Cristóbal Ramos, do sobre 2 Rodas Bikes, e Higinio Rivero, do Saiatu Fundazioa, seguírono.
Lionel Morais, do Natación Nadamas As Mariñas, impúxose en categoría PTS2, seguido polos triatletas do Ecosport Alcobendas, Ricardo Martín e Raúl Llamazares. En PTS4 feminino, Marta Francés, do mesmo equipo, foi a campioa e, en masculino, Samuel Rodríguez, tamén do Alcobendas, levou o ouro.
En PTS5 feminino, Cristina Miranda (Tríatlon Huelva), proclamouse campioa de España. Antonio Francisco García, do Tríatlon Ecosport Alcobendas, fixo o propio en categoría masculin e, por último, en PTS7, Paul Alabau (CDM Avant Moncada), foi o gañador, mentres que en feminino fíxose co triunfo Andrea Jiménez (Tri 401).
Relacionadas:
-
Paula Herrero e David Castro, campións de España de Tríatlon Sprint en Pontevedra
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Pablo Dapena pon fin á tempada por problemas físicos
Por Almu Dapena |
-
Pontevedra presenta a súa candidatura para acoller a Gran Final das Series Mundiais de tríatlon en 2023
Por Diego Espiño |
-
Máis de 1.300 deportistas competirán en Pontevedra no Campionato de España Sprint de Tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Tríatlon, ciclocrós, medio maratón... un outubro de eventos deportivos en Pontevedra que lembra á prepandemia
Por Diego Espiño |