Dobre final para Antía Jácome no Mundial Sprint de Copenhague

Por Diego Espiño
Antía Jácome estará, por partida dobre, na pelexa polas medallas do Campionato do Mundo Sprint de Piragüismo que se está celebrando en Dinamarca.
A padexeira da EP Ciudad de Pontevedra debutou o xoves cun terceiro posto na súa serie do C-2 500, que defende coa marinense Antía Otero, que lle daba o pase directo á final, e este venres repetiu o trámite no C-1 200 metros, proba na que conseguiu diploma olímpico en Tokyo, ao ser segunda na súa eliminatoria.
Jácome e Otero pelexarán polos primeiros postos na final do C-2 500 este sábado, ás 11.09 horas da mañá, mentres que a proba individual de canoa de 200 metros disputarase o domingo ás 11.03 horas.
Tamén pasaron á final no C-2 1.000 metros Noel Domínguez (Breogán do Grove) remando finalmente con Manuel Fontán (Náutico O Muíño) grazas ao terceiro posto na súa eliminatoria. No seu caso a final, todo un premio, está fixada para as 12.26 horas do sábado.
Fontán avanzou á súa vez ata as semifinais do C-1 500 metros.
Tivo que acudir tamén á semifinal Carolina García (EP Ciudad de Pontevedra) xunto a Sara Ouzande no K-2 500 metros, pero o seu quinto posto impediulles meterse na final A e por tanto na loita polas medallas.
Por último Adrián Sieiro (Piragüismo Poio Pescamar) competirá tamén este sábado na distancia de C-4 500 metros (12.48 horas).
Relacionadas:
-
Medalla de prata para Antía Jácome no Campionato do Mundo Sprint de Copenhague
Por Almu Dapena |
-
Cuarto posto para Adrián Sieiro no Campionato do Mundo Sprint de Dinamarca
Por Almu Dapena |
-
O Mundial Sprint Copenhague, último gran reto da tempada para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
Dobre medalla de prata para o piragüismo pontevedrés na última xornada do Mundial Sprint Júnior e Sub-23
Por Diego Espiño |
-
Bronce para as pontevedresas Claudia Couto e Lucía Graña no Mundial júnior de piragüismo sprint
Por Redacción |
-
Antía Jácome, insaciable: "Teño mundial en setembro, a loitar por unha medallita"
Por Manu Otero |