O Cisne supera con claridade ao AD Sanjoanense portugués no seu terceiro duelo de pretempada (37-30)
Por Redacción
O mesmo día de presentación da campaña de abonados para a tempada 21/22, o Club Cisne Balonmán saltou á cancha do Pavillón Municipal para disputar o seu terceiro amigable de pretempada e primeiro na súa casa aínda que sen o apoio da súa afección.
A porta pechada competiron fronte ao AD Sanjoanense, equipo portugués que milita no grupo norte da Segunda División portuguesa e ao que excederon por 37-30.
Destacaron en ataque Álvaro Preciado, con seis goles de sete lanzamentos realizados, e Álex Chan, cun 100% de efectividade nos seus cinco tiros. Tamén en plano individual estiveron moi activos Daniel Neves con cinco tantos, e Diego López e Mateo Arias con catro cada un.
Cabe destacar o debut do xuvenil de primeiro ano, Kike Lorenzo, como gardameta nas filas cisneístas, confirmando así a aposta do club branco pola súa canteira. Lorenzo interveu nun lanzamento de sete metros e detivo catro de 17 lanzamentos. Pola súa banda, Juan Novas, que foi titular, atallou 10 de 27.
Relacionadas:
-
O Cisne cae ante o Cangas nunha final da Supercopa Galicia homenaxe a Fran Teixeira
Por Redacción |
-
O Cisne participa esta fin de semana na Copa Galicia de balonmán
Por Redacción |
-
O Cisne busca abono para seguir crecendo
Por Manu Otero |
-
O Cisne mantén a súa aposta pola canteira e renova a Arboleya
Por Redacción |
-
Catro cisneístas, medalla de bronce no Europeo Xuvenil de Balonmán
Por Almu Dapena |
-
Pleno de vitorias para o Cisne nos seus dous primeiros partidos de pretempada
Por Redacción |
-
O Cisne volverá contar un curso máis con André de Moura
Por Redacción |
-
O Cisne renova á súa nova promesa, Daniel Virulegio
Por Redacción |