O Cisne completa a súa portería coa renovación de Juan Novas
Por Redacción
Continuidade para a portería de Club Cisne Balonmán. O conxunto pontevedrés contará a próxima campaña na División de Honra Prata coa mesma nómina de gardametas que o ano do seu debut en Asobal.
O último en sumarse ao proxecto foi este luns Juan Novas, confirmando a súa renovación e uníndose desta forma a Jorge Villamarín e Pablo González.
"Estou contento de anunciar a miña renovación polo club e poder demostrar o que non puiden debido ás lesións o ano pasado", sinala o porteiro do equipo pontevedrés.
RENOVACIÓN | Seguimos conociendo a los integrantes del equipo de #DHPlataMasc...En esta ocasión se trata del portero @juannovas1, que también renueva por una temporada ¡Ese Juan! #SomosCisne #OrgullososdoNoso #EseNovas pic.twitter.com/3Gz9ugOWGk
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) August 2, 2021
Con Juan Novas pasan a ser xa 12 os xogadores confirmados para o próximo proxecto cisneísta tras a fichaxe do portugués Daniel Neves e as renovacións de Álex Chan, Andrés Sánchez, Pablo González, Alejandro Conde, Iván Calvo, Mateo Arias, Dani López, Javi Vázquez, Álvaro Preciado e Jorge Villamarín.
Relacionadas:
-
Pleno de vitorias para o Cisne nos seus dous primeiros partidos de pretempada
Por Redacción |
-
O Cisne volverá contar un curso máis con André de Moura
Por Redacción |
-
O Cisne renova á súa nova promesa, Daniel Virulegio
Por Redacción |
-
O Cisne ata a unha das perlas da súa canteira: Carlos Álvarez, renovado
Por Redacción |
-
Carlos Pombo confirma a súa continuidade no Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne renova a un dos seus pesos pesados, Álex Chan
Por Diego Espiño |
-
Andrés Sánchez, en plena recuperación da súa lesión de xeonllo, renova co Cisne
Por Redacción |
-
Tres cisneístas, ao Campionato de Europa Xuvenil de balonmán
Por Redacción |
-
Pablo González celebra a súa convocatoria coa Selección Española Xuvenil renovando co Cisne
Por Redacción |