Pedro Beda renova e apúntase ao reto do Arosa na Segunda RFEF
Por Redacción
A parcela ofensiva do Arosa para o reto que se lle presenta na Segunda RFEF empeza a estar ben definida, primeiro cos fichaxe de Luismi desde o Alondras e Luis Nuño desde o Somozas e agora coa renovación dunha peza basica no equipo as dúas últimas campañas, Pedro Beda.
O dianteiro brasileiro continuará un ano máis na Lomba tras asinar nos dous últimos cursos 25 goles en 46 partidos disputados.
"Desde que terminou a tempada e ascendemos tiven moi claro que quería renovar no Arosa", explicou Beda tras confirmarse a súa renovación. "Falei co meu representante e díxenlle que quería estar tranquilo e continuar aquí. Este ano tíñao moi claro. Estamos na categoría que o Arosa debe estar como mínimo", defendeu.
Aos seus 32 anos e cunha dilatada experiencia en Segunda B (Villanovense, Lealtad, Boiro e Lucena), Pedro Beda está chamado a ser un dos xogadores importantes para Jorge Otero, e móstrase ansioso por poder empezar a nova tempada. "Xa tiñamos un bo equipo, ademais están a chegar boas fichaxes e creo que imos competir todos os domingos", sinalou.
O dianteiro é o décimo futbolista confirmado polo club de Vilagarcía tras as fichaxes de Luis Nuño, Luismi e Diego Diz e as renovacións de Manu Táboas, Mon, Jorge Fajardo, Ross, Julio Rey e Sidibé.
‼️Anunciamos a continuidade do dianteiro brasileiro e pichichi @pedrobeda #ForzaArosa #ArosaSC #SegundaRFEF
— AROSA SC (@AROSASCOFICIAL) July 9, 2021
Máis info https://t.co/pzLl6jf9SL
Video pic.twitter.com/hJ0QGYy5LR
Relacionadas:
-
O Arosa inicia unha campaña histórica
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Arosa 'mima' o céspede da Lomba a unha semana de iniciar a pretempada
Por Redacción |
-
O Arosa renova o seu pelotón vigués: Campillo, Pedro García, Coti e Róber Fernández
Por Diego Espiño |
-
Pablo Porrúa, cuarta incorporación do Arosa: "Neste momento non hai mellor lugar para crecer"
Por Diego Espiño |
-
O Arosa blinda a súa portería coa renovación do heroe do ascenso, Álex Cobo
Por Almu Dapena |
-
Continuidade no corpo técnico do Arosa para acompañar a Jorge Otero
Por Redacción |
-
O atacante Luis Nuño, terceiro reforzo do Arosa
Por Redacción |
-
O Arosa segue coas renovacións e oficializa a continuidade de Manu Táboas e Mon
Por Redacción |
-
Luismi únese a Diego Diz na lista de fichaxes do Arosa
Por Redacción |
-
Jorge Fajardo e Ross seguirán un ano máís no Arosa
Por Redacción |