Un posto de finalista e unha mellor marca persoal, balance da Gimnástica no Nacional Sub-20
Por Redacción
A localidade aragonesa de Monzón acolleu a fin de semana o Campionato de España Sub-20 de atletismo, con presenza de deportistas da Sociedad Gimnástica.
Un posto de finalista e unha mellor marca persoal foi o balance positivo do club pontevedrés.
Paula de la Torre foi a atleta que conseguiu entrar na final na súa proba, os 1.500 metros, cun tempo de 4:55.05 que lle fixo ser segunda na súa semifinal. Na final pola súa banda marcou un tempo de 4:41.92 para ser quinta.
A mellor marca persoal asinouna Marta Barragáns nos 100 valos con 15.07, pero non lle foi suficiente para chegar á final.
Completaron o equipo ximnástico Raúl Cortizo na lonxitude, sendo noveno cun mellor intento de 6.92 metros, mentres que Roi Surribas foi undécimo na 10.000 marcha cun tempo de 55:13.03.
Relacionadas:
-
Manuel Hurtado é o novo director das escolas da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica triunfa no Campionato Galego Absoluto de atletismo
Por Redacción |
-
Diego Casas, subcampión de España sub23 en lanzamento de disco
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, campioa de España de 10 quilómetros marcha coa terceira mellor marca europea sub-23 do ano
Por Almu Dapena |
-
O equipo feminino da Gimnástica, sétimo na final polo título de Primeira División
Por Almu Dapena |
-
A Gimnástica sela a permanencia na máxima categoría cun terceiro posto en Madrid
Por Almu Dapena |