O equipo feminino da Gimnástica, sétimo na final polo título de Primeira División
Por Almu Dapena
O equipo feminino da Sociedade Gimnástica desprazouse este domingo a Valencia, concretamente, á Nucía para disputar a fase final polo título en Primeira División na que quedaron en sétima posición con 65.5 puntos.
A mellor marca da xornada logrouna Antía Chamosa, que se fixo coa medalla de ouro nos 5.000 metros marcha.
En lanzamento de xavelina, Andrea González foi terceira; María Ezquerro foi cuarta en lanzamento de disco;e Iria Filgueira, quinta en martelo. Pola súa banda, o sexto posto lográrono Helena Suárez en pértega, e Sandra Carballo en peso.
En saltos, o equipo pontevedrés logrou o sétimo posto con Andrea Villaverde (altura) e Marta Barragáns (lonxitude). En triplo salto Eva Salvado foi oitava.
En 100 metros Cristina Garrido foi segunda, Natalia Meaños foi oitava en 200 metros, Eugenia Gil, cuarta en 400, e Irene Barbe, sétima en 800.
En distancias longas, concretamente en 1.500 metros, Paula de la Torre foi sétima, mesma posición que logrou Candela Sánchez en 3.000.
En 100 valos, Lucía Ferrer conseguiu o quinto posto, mentres que Iris Vilches foi oitava en 400. En 3.000 obstáculos, Mullunesch Marina chegou en última posición.
Finalmente, en 4x100, Raquel de la Torre, Cristina Garrido, Lucía Ferrer e Marta Barragáns foron segundas, e Natalia Meaños, Paula de la Torre, Irene Barbe e Eugenia Gil, foron sétimas en 4x400.
Relacionadas:
-
Un posto de finalista e unha mellor marca persoal, balance da Gimnástica no Nacional Sub-20
Por Redacción |
-
Diego Casas, subcampión de España sub23 en lanzamento de disco
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, campioa de España de 10 quilómetros marcha coa terceira mellor marca europea sub-23 do ano
Por Almu Dapena |
-
A Gimnástica sela a permanencia na máxima categoría cun terceiro posto en Madrid
Por Almu Dapena |