A Gimnástica triunfa no Campionato Galego Absoluto de atletismo
Por Redacción
Vigo foi escenario durante a fin de semana do Campionato Galego Absoluto de Atletismo, con protagonismo para a Sociedad Gimnástica.
O club pontevedrés levou o triunfo na clasificación xeral por equipos feminina, foi segundo na masculina e tamén liderou a clasificación mixta.
Un dos grandes protagonistas a nivel individual foi Víctor Gallego, que volvía competir despois dunha lesión e que se fixo con dúas medallas de bronce no lanzamento de disco e en peso agrandando un palmarés que mereceu o recoñecemento da Federación Galega de Ateltismo. O capitán da Gimnástica recibiu unha placa conmemorativa por ser o atleta que máis veces foi campión autonómico en aire libre sumando suma un total de 20 ouros, divididos 8 en disco e 12 en peso.
Pola súa banda Daniel Chamosa, gañador nos 5.000 metros marcha, logrou coa súa marca a mellor puntuación internacional do evento quedándose a 3 segundos do récord galego.
Tamén venceron Antía Chamosa na 5.000 marcha de categoría feminina, David Ferrer en lonxitude quedándose a 1 centímetros da súa mellor marca (7,28 metros), Raúl Cortizo en altura, Lucía Ferrer nos 100 metros valas e as remudas corta e longa feminino.
Ademais a Gimnástica sumou unha boa colección de medallas coas pratas de Carlos Porto (1.500 metros), Paula de la Torre (1.500), Eugenia Gil (400 metros), Cristina Garrido (100 metros lisos), Raúl Cortizo (lonxitude) e Yago Boleas (pértega) e os bronces de Víctor Riobó (1.500 metros), Eugenia Gil (800) e Claudia Puig (xavelina).
Relacionadas:
-
Triunfo e mellor marca persoal para o marchador Daniel Chamosa no autonómico de 10 quilómetros en ruta
Por Redacción |
-
Antía Chamosa finaliza segunda no CGTD no autonómico de marcha
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Manuel Hurtado é o novo director das escolas da Sociedad Gimnástica
Por Redacción |
-
Antía Chamosa faise co bronce europeo sub-23 nos 20 quilómetros marcha
Por Almu Dapena |
-
Un posto de finalista e unha mellor marca persoal, balance da Gimnástica no Nacional Sub-20
Por Redacción |
-
Víctor Riobó, 'lebre' de Gómez Noya en Cozumel na recta final da súa preparación para os Xogos
Por Diego Espiño |