A Gimnástica sela a permanencia na máxima categoría cun terceiro posto en Madrid
Por Almu Dapena
O equipo masculino da Sociedade Gimnástica de Pontevedra logrou a permanencia na máxima categoría do atletismo despois de lograr o terceiro posto na fase disputada este sábado en Madrid.
Os pontevedreses lograron un total de 101 puntos, a tan só tres do primeiro clasificado, o Pamplona (104) e a dous do segundo, o Tenerife (103).
Diego Casas fíxose co primeiro posto en lanzamento de disco, Édgar Capdevila (martelo) e Francisco López (pértega) foron cuartos, e Imanol Carmona (peso) foi sexto.
David Ferrer conseguiu a medalla de bronce en salto de lonxitude, a mesma que Anxo Blanco en triplo salto. Pola súa banda, en altura, Miguel Madruga foi sexto.
En 400 valos, Ignacio Sarmiento tamén foi terceiro, mentres que Joao Ribeiro (110 valos) foi oitavo. En 3.000 obstáculos, Javier Andrés foi quinto.
A medalla de ouro logrouna Oriol Madri en 200 metros, mentres que Gabriel de la Cruz (100) e Iñaki Canle (400) foron segundos. David de la Fuente, en 800, foi cuarto, Carlos Porto, en 1.500, chegou sexto, e Manuel Lorenzo, en 3.000, oitavo.
Por último, en 4x100, Gabriel da Cruz, Oriol Madi, Jordi Fossas e Sergio Rodríguez foron segundos, mentres que Iñaki Cañal, Ignacio Sarmiento, David de la Fuente e David Abalde en 4x400 e Dani Chamosa, en 5.000 marcha, chegaron terceiros.
MARCAS PERSOAIS E RÉCORDS DO CLUB
Cun tempo de 40.64 en 4x100, os atletas da Gimnástica asinaron o récord do club, igual que Iñaki Cañal en 400 libres con 46.90.
Javi Andrés, en 3000 obstáculos, conseguiu a súa mellor marca persoal cun tempo de 9:21.01. Tamén Francisco López, en pértega, con 4.90.
Finalmente, Diego Casas, en disco, fixo 58.87, a súa segunda mellor marca persoal, demostrando un moi bo estado de forma de fronte ao Europeo sub23.
Relacionadas:
-
Un posto de finalista e unha mellor marca persoal, balance da Gimnástica no Nacional Sub-20
Por Redacción |
-
O equipo feminino da Gimnástica, sétimo na final polo título de Primeira División
Por Almu Dapena |
-
A Gimnástica, terceira en Soria, dá un paso cara á permanencia na División de Honra
Por Redacción |