A terceira renovación do Teucro para o próximo curso é Alejandro Gómez
Por Redacción
A xunta xestora do Teucro fai oficial a renovación para a próxima tempada de Alejandro Gómez, que o próximo curso sumará 17 tempadas defendendo a elástica azul desde que lla vestiu por primeira vez con só 6 anos de idade.
Despois de ser unha peza importante no logro da permanencia en División de Honra Prata, Gómez seguirá traballando para asentar ao equipo na categoría, evitar pasar os apuros do pasado curso e seguir crecendo como equipo para devolver ao Teucro ao lugar que lle corresponde.
"Síntome moi motivado e con moitas ganas de demostrar que o ano pasado foi unha adaptación á categoría, que aínda que foi bastante dura xa que DHP é moi esixente, valeu a pena adestrar e estar á beira de xente con moito nivel", recoñece o xogador, quen xa pensa na próxima tempada. "Quero achegar ao equipo todo o que estea ao meu alcance e traballar moi moi duro para gañarme un posto nos partidos", remarca.
Sobre o rendemento do equipo para o próximo ano, Gómez está seguro de que o plantel dará un paso á fronte. "Se o ano pasado xa foi emocionante cada partido en casa, este ano serao aínda máis, porque teremos un equipo moito máis forte e con máis experiencia que o que tivemos o ano pasado, e que seguro dará moito de que falar o ano que vén", rematou.
Deste xeito, Gómez convértese na terceira peza confirmada para o Teucro do curso 2021/2022 xunto a Caue Herrera e Miguel Sío.
Relacionadas:
-
Sétima renovación no Teucro coa continuidade de Ricardo González
Por Redacción |
-
Federico Wermbter non seguirá no Teucro
Por Redacción |
-
Iago Rodríguez, sexta peza confirmada para o Teucro 21-22
Por Redacción |
-
O Teucro segue sumando pezas para o seu novo proxecto: Víctor Deco renovado
Por Redacción |
-
O Teucro renova a Miguel Sío para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Samu Pereiro fai as maletas e cambia o Teucro con destino a Eivissa
Por Redacción |
-
Caue Herrera, primeira renovación no Teucro 21/22
Por Redacción |