Caue Herrera, primeira renovación no Teucro 21/22
Por Redacción
A Sociedad Deportiva Teucro empeza a planificar o seu próximo proxecto deportivo, co que volverá competir na Division de Honra Prata.
O primeiro foi asegurar a continuidade da súa adestradora, Irene Vilaboa, cumprido o obxectivo da permanencia, e agora o conxunto pontevedrés confirmou a súa primeira renovación no plantel.
Trátase de Caue Herrera, xogador que chegou ao club en febreiro de 2020 e que se converteu nunha das pezas importantes do equipo tanto en labores defensivos como ofensivas.
Segundo o pivote brasileiro "o Teucro é un gran equipo con moita historia, que está a tentar reconstruírse e quero axudar a que iso suceda", asegurou tras asinar a súa continuidade por un ano máis.
Ademais do deportivo "Pontevedra é unha cidade moi acolledora. Síntome moi ben vivindo aquí", sinalou o brasileiro recoñecendo estar "moi emocionado e optimista sobre a próxima tempada. Creo que coa continuidade do traballo podemos facer unha excelente tempada".
Relacionadas:
-
Iago Rodríguez, sexta peza confirmada para o Teucro 21-22
Por Redacción |
-
O Teucro segue sumando pezas para o seu novo proxecto: Víctor Deco renovado
Por Redacción |
-
A terceira renovación do Teucro para o próximo curso é Alejandro Gómez
Por Redacción |
-
O Teucro renova a Miguel Sío para a próxima tempada
Por Redacción |
-
Samu Pereiro fai as maletas e cambia o Teucro con destino a Eivissa
Por Redacción |
-
Irene Vilaboa renova e afrontará a súa segunda campaña como adestradora do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Vitoria de ouro para o Teucro, que salva a categoría tras vencer o Ikasa Madrid por 22-26
Por Almu Dapena |