O Ribadumia ponse ao día cun triunfo ante o Estudiantil que lle fai saír do descenso (2-0)
Por Redacción
Paso adiante do Club Deportivo Ribadumia cara á permanencia en Terceira, ao conseguir vencer este mércores no duelo da xornada 2 aprazado o pasado 11 de abril pola covid.
Os aurinegros recibían na Senra ao Vistalegre Estudiantil, nun duelo vital para os seus intereses xa que de vencer podía permitirlles escapar momentaneamente dos postos de descenso.
Conscientes deles os de Luís Carro saíron a por o partido, e atoparon premio aos 14 minutos co 1-0 conseguido por Cerqueiras.
Aínda que con vantaxe, o duelo permaneceu nun puño ata o tramo final, cando a un cuarto de hora da conclusión Javi Domingo conseguía o segundo e definitivo gol.
Un triunfo, o segundo consecutivo e o terceiro en catro xornadas, que permite dar un salto na clasificación ao Ribadumia para colocarse na cuarta posición do grupo pola permanencia con 35 puntos, aínda que igualado coa zona de descenso.
Consulta a acta do partido entre Ribadumia e Vistalegre Estudantil.
Relacionadas:
-
O Ribadumia desperdicia os tres puntos e asina un empate co As Pontes (2-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia adiántase pero termina perdendo co Fisterra (1-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia perde co Paiosaco e volve aos postos de descenso (1-0)
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia levan os tres puntos ante o Polvorín e o Arzúa
Por Almu Dapena |
-
Derrota pola mínima do Ribadumia ante o Viveiro (1-0)
Por Redacción |
-
Aprazado o partido do Ribadumia fronte ao Estudiantil polo confinamento do conxunto santiagués
Por Redacción |