O Ribadumia perde co Paiosaco e volve aos postos de descenso (1-0)
Por Redacción
O Ribadumia caeu este domingo na súa visita ao Paiosaco e volve e meterse en posicións de descenso, empatado a puntos co CD Barco que é cuarto.
Os de Luís Carro desprazáronse á Pórta Santa co ánimo polas nubes despois da vitoria lograda este mércores no partido aprazado fronte ao Estudantil.
Con todo, un gol de Otero ao fío do descanso, deixou aos aurinegros co mel nos beizos a pesar de pelexar con uñas e dentes por unha nova vitoria.
Este resultado volve meter ao Ribadumia no descenso, con tres puntos sobre a UD Ourense e empatado co CD Barco. Na próxima xornada terán que medirse ao Fisterra na Senra, partido vital para seguir sumando e pelexar polo obxectivo da permanencia.
Consulta a acta do Paiosaco-Ribadumia
Relacionadas:
-
O Ribadumia desperdicia os tres puntos e asina un empate co As Pontes (2-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia adiántase pero termina perdendo co Fisterra (1-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia ponse ao día cun triunfo ante o Estudiantil que lle fai saír do descenso (2-0)
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia levan os tres puntos ante o Polvorín e o Arzúa
Por Almu Dapena |
-
Derrota pola mínima do Ribadumia ante o Viveiro (1-0)
Por Redacción |