Derrota pola mínima do Ribadumia ante o Viveiro (1-0)
Por Redacción
Derrota das que desbasten a sufrida polo Ribadumia na súa visita a Cantarrana, onde se mediu ao Viveiro. Os locais impuxéronse pola mínima para sumar tres puntos que o colocan na segunda posición, a seis dos de Luís Carro, que marcan o límite da zona vermella con 29 puntos.
Foi mellor o equipo lucense desde o asubío inicial. Tivo en *Édgar a oportunidade de poñerse por diante na primeira metade pero o gol foi anulado por un fóra de xogo un tanto polémico.
Co empate a ceros alcanzouse a segunda metade, e aos 10 minutos disputados, Tichu chegou ata a liña de fondo, deuna atrás, e Álex Meitín disparou para bater a Rober Pazos e facer o único tanto do encontro.
Tres puntos valiosos para o Viveiro e dura derrota do Ribadumia, que debe poñerse as pilas para saír do descenso e ter opcións de pelexar pola permanencia.
Consulta a acta do Viveiro-Ribadumia
Relacionadas:
-
O Ribadumia perde co Paiosaco e volve aos postos de descenso (1-0)
Por Redacción |
-
O Ribadumia ponse ao día cun triunfo ante o Estudiantil que lle fai saír do descenso (2-0)
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia levan os tres puntos ante o Polvorín e o Arzúa
Por Almu Dapena |
-
Dobrete de Hugo Soto para dar a vitoria o Ribadumia nas Pontes (1-2)
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia coñecen o seu novo calendario nos grupos de Terceira polo ascenso e a permanencia
Por Redacción |