Alicia Bouzas consegue a súa mellor marca persoal en 200 costas e Bea Gómez queda fóra da mínima olímpica
Por Redacción
A nadadora do CN Galaico, Alicia Bouzas, conseguiu este venres a súa mellor marca persoal en 200 costas no Campionato de España Open de Natación que se está celebrando en Sabadell. En canto a Bea Gómez, quedouse fóra da mínima olímpica en 200 estilos e o seu reencontro cos Xogos Olímpicos terá que esperar.
Bea Gómez, olímpica en Londres 2012, terá que esperar para volver competir nunhas olimpíadas ao alcanzar o sétimo mellor posto nos 200 estilos. Cun tempo de 2:19.75, a deportista do Santa Olaya Asturiano quedouse moi lonxe da mínima olímpica, que estaba en 2:12.56.
Pola súa banda, a nadadora do CN Galaico, Alicia Bouzas, logrou o oitavo posto nos 1.500 libres cun tempo de 17.33.31 e o décimo en 200 costas, conseguindo a súa mellor marca persoal (2.23.95).
A pontevedresa pechará a súa participación no Campionato de España Júnior, este domingo na proba de 400 libres.
Relacionadas:
-
Dous bronces para Alicia Bouzas no Campionato de España Junior de Verán
Por Redacción |
-
O Galaico sobreponse ás baixas para vencer no Campionato Galego de Verán
Por Redacción |
-
O Natación Galaico, satisfeito polo seu papel no Trofeo Internacional Villa de Gijón
Por Redacción |
-
Inicio sen brillo para a natación pontevedresa no Campionato de España Open
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez xógase a súa última baza olímpica no Nacional Open de Sabadell
Por Diego Espiño |