Inicio sen brillo para a natación pontevedresa no Campionato de España Open
Por Diego Espiño
A natación pontevedresa comezou sen resultados de relumbrón a súa participación no Campionato de España Open de Natación, segunda cita selectiva directa para os Xogos Olímpicos.
Aínda que complicado ese é o obxectivo de Bea Gómez Cortés, na busca das súas segundas olimpíadas, e iso pasa xa por unha única proba, os 200 estilos que se disputarán o vindeiro sábado 27 de marzo. Nesa modalidade a pontevedresa deberá nadar por baixo dos 2:12.56.
Bea, que compite en Sabadell representando o Santa Olaya asturiano, estreouse este xoves no Nacional Open nos 200 libre para ir collendo ton. Alcanzou o 14º mellor tempo nas clasificatorias (2:05.16), sendo relegada á final B na que pechou finalmente a súa participación con 12º posto total calcando case o seu tempo na xornada de tarde (2:05.22) e quedando en consecuencia moi lonxe da mínima olímpica ou a clasificación para o Europeo Absoluto.
Mellor fóronlle polo momento as cousas á júnior Alicia Bouzas, do Club Natación Galaico, adestrándose o mércores cun 11º posto na súa categoría no 800 libre, co 24º mellor rexistro absoluto (9:14.31). Ademais a pontevedresa logrou o 13º mellor tempo absoluto na clasificación dos 400 estilos (5:04.53), entrando na final C reservada para as júnior, na que encabezou a primeira parte da proba e terminando na quinta posición acusando o cansazo e asinando peor tempo que na quenda matinal (5:06.66).
A que finalmente non participou na primeira xornada do campionato foi Antía García, ao darse de baixa da 50 bolboreta.
O Campionato de España Open de Natación prolongarase aínda varias xornadas, ata o domingo 28 de marzo.
Relacionadas:
-
O Natación Galaico, satisfeito polo seu papel no Trofeo Internacional Villa de Gijón
Por Redacción |
-
Alicia Bouzas consegue a súa mellor marca persoal en 200 costas e Bea Gómez queda fóra da mínima olímpica
Por Redacción |
-
Bea Gómez xógase a súa última baza olímpica no Nacional Open de Sabadell
Por Diego Espiño |
-
Os equipos do Galaico perden a categoría na Copa de España de natación
Por Redacción |
-
Bea Gómez logra ouro e prata no campionato de España de natación en piscina curta disputado en Castelló
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Bea Gómez ficha polo CN Santa Olaya e múdase a Xixón para preparar o seu asalto aos Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño |