Teucro-Lalín, un derbi decisivo que pode marcar a tempada
Por Diego Espiño
Hai partidos que poñen un xogo moito máis que dous puntos, ademais do impulso emocional que poden supoñer, e o derbi pontevedrés entre Sociedad Deportiva Teucro e BM Lalín na División de Honra Prata vai ser un deles.
A dúas xornadas para a conclusión da primeira fase da liga, os dous equipos mediranse este sábado 20 de febreiro (19.00 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra sabendo que o resultado pode marcar a tempada de ambos.
Con apenas opcións xa (si matemáticas aínda que escasas) de finalizar entre os cinco primeiros e por tanto xogar polo ascenso de categoría, o triunfo supoñerá un tremendo empuxón para o equipo que salga vencedor, tendo en conta que serán puntos que contarán na segunda e decisiva fase pola permanencia na categoría.
A día de hoxe, tal e como está a clasificación, o Lalín contaría con 8 puntos para esa segunda fase, os mesmos que Sarrià, mentres que Teucro e Sant Martí estarían con 7 e o Bordils máis descolgado estaría con 4 puntos. Na fase pola permanencia cruzaranse os 5 peor clasificados de cada un dos dous grupos (10 en total) dos que 5 perderán a categoría. Contarán os puntos alcanzados con rivais do mesmo grupo na fase inicial e só se xogará contra os equipos do outro grupo. De aí a importancia do que poden ser máis de dous puntos en xogo no Municipal.
Nas contas do Teucro resulta imprescindible tamén sumar o triunfo no partido fronte ao Bordils aprazado polo brote de covid no equipo e que se xogará o próximo 6 de marzo. Pasar o corte con eses 4 puntos no zurrón permitiría aos de Irene Vilaboa afrontar a liguiña final cunha rede de seguridade.
De cara ao derbi fronte ao Lalín o vicedecano seguirá sen poder contar co central Marko Dzokic, cunha lesión de menisco pola que segue á espera de intervención cirúrxica.
Relacionadas:
-
Remontada épica do Teucro para salvar un empate fronte o Lalín (29-29)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro dórmese en defensa e cede a vitoria 'in extremis' en Alacante (27-26)
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Teucro ante un superior Barça B (21-34)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro recuperará o partido aprazado contra o Bordils o 6 de marzo, ao remate da primeira fase
Por Diego Espiño |
-
O Teucro estrea o ano con derrota ao estrelarse coa muralla defensiva do Atlético Novás (33-22)
Por Almu Dapena |
-
O xeonllo de Marko Dzokic di basta e mantén en albas o Teucro
Por Diego Espiño |