O xeonllo de Marko Dzokic di basta e mantén en albas o Teucro
Por Diego Espiño
Problemas para a Sociedad Deportiva Teucro. Cando aínda se está recuperando do brote de Covid que rompeu a súa tranquilidade durante o parón da competición obrigando a suspender o seu primeiro partido do ano, as lesións fixeron a súa aparición.
En concreto o xogador afectado é Marko Dzokic, que levaba un tempo arrastrando molestias no seu xeonllo ata que dixo basta.
O central serbio será baixa segura para o duelo do próximo sábado 30 de xaneiro no Rosal fronte ao Atlético Novás, á espera de poder coñecer o estado exacto do seu xeonllo para precisar o período que permanecerá afastado das canchas. Súmase deste modo á ausencia do porteiro arxentino Fede Wermbter por asuntos burocráticos,.
Polo de súpeto o teucrista pasou consulta médica e atópase á espera de someterse a unha resonancia magnética.
No club existe o temor a que a lesión de Dzokic lle deixe K.O. durante un período considerable, o que sería un duro golpe para o equipo adestrado por Irene Vilaboa na fase decisiva da tempada.
Relacionadas:
-
Teucro-Lalín, un derbi decisivo que pode marcar a tempada
Por Diego Espiño |
-
O Teucro recuperará o partido aprazado contra o Bordils o 6 de marzo, ao remate da primeira fase
Por Diego Espiño |
-
O Teucro estrea o ano con derrota ao estrelarse coa muralla defensiva do Atlético Novás (33-22)
Por Almu Dapena |
-
Complicado primeiro partido do ano para o Teucro no Rosal
Por Redacción |
-
O Teucro tenta recuperar a normalidade pendente de Fede Wermbter
Por Diego Espiño |
-
Competición apraza o Teucro-Bordils do próximo sábado 23
Por Redacción |
-
O Cisne confirma a fichaxe de Ángel Iglesias tras desvincularse do Teucro
Por Redacción |
-
O Teucro retoma os adestramentos tras o positivo por Covid e solicita o aprazamento do partido contra Bordils
Por Diego Espiño | Creada e actualizada