Axuste no calendario do Poio Pescamar para recuperar as xornadas perdidas pola covid
Por Diego Espiño
Nova folla de ruta para o Poio Pescamar no tramo final da primeira fase da competición na Primeira División Feminina de fútbol sala.
Despois dunha reunión do Comité Nacional de Fútbol sala da Real Federación Española de Fútbol cos clubs da Primeira e Segunda División, para abordar a mellor maneira de recuperar as xornadas aprazadas pola covid, o conxunto conserveiro pactou novas datas para os seus partidos pendentes cos clubs implicados.
Así, a falta da confirmación oficial do Comité de Competición, eses axustes supoñerán cambios importantes no calendario esta mesma semana, na que debía visitar o pavillón da Seca o líder do Grupo A e principal rival do Poio, o Futsi Atlético Navalcarnero.
Este partido atrasarase ata o próximo 20 de marzo, data fixada no calendario como de recuperación de partidos, e xogarase este sábado 20 fronte ao Leganés, primeiro duelo aprazado polo brote de covid no Poio Pescamar aproveitando que é data de descanso para o cadro madrileño.
Ademais o equipo conserveiro deberá viaxar entre semana, concretamente o mércores 10 de marzo, a Murcia para medirse ao Roldán, segundo dos partidos pendentes tras poder recuperar xa o terceiro adiado, fronte ao Cidade das Burgas aproveitando a proximidade entre Ourense e Poio.
Relacionadas:
-
O segundo posto, en xogo para o Poio Pescamar na súa última xornada da primeira fase
Por Redacción |
-
Derrota na pista do Roldán para un Poio Pescamar que cede a segunda posición (4-1)
Por Redacción |
-
O sprint final do Poio Pescamar comeza cunha dura proba, a visita do Ourense Envialia
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar dorme líder despois de golear o Leganés (6-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar vence o Teldeportivo e continúa coa súa loita polo liderado
Por Almu Dapena |
-
Goleada pola vía rápida do Poio Pescamar ao Cidade de As Burgas (6-1)
Por Manu Otero |
-
Regreso á competición con vitoria para un Poio Pescamar que non sufriu ante o Viaxes Amarelle (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar prepárase para un maratón de partidos no seu regreso á competición
Por Diego Espiño |