O sprint final do Poio Pescamar comeza cunha dura proba, a visita do Ourense Envialia
Por Redacción
A primeira fase da liga na Primeira División Feminina de fútbol sala aproxímase ao seu fin, e iso supón para o Poio Pescamar afrontar un particular maratón de partidos para recuperar as datas perdidas pola covid.
O conxunto conserveiro ten por diante tres partidos en apenas unha semana, empezando pola visita este sábado 6 de marzo (19.00 horas, TVG2) do Ourense Envialia, actual cuarto clasificado do grupo e rival que xa lle deixou fóra da Copa da Raíña nunha igualada eliminatoria.
As vermellas queren non só defender a súa segunda praza, senón pelexar polo liderado de grupo co Futsi Atlético, co que pecharán a primeira fase antes de pensar na pelexa polo título, e iso pasa por non deixarse puntos antes desa cita, prevista para o 20 de marzo. Agora mesmo, cun partido menos, están a 4 puntos das madrileñas, polo que seguen dependendo de si mesmas.
As baixas do Envialia supoñen un hándicap para as ourensás, que a pesar diso demostraron con creces o seu potencial e supoñen un adversario de nivel para o Poio.
Tras esta cita, o mércores será a quenda de recuperar xornada cun longo desprazamento, visitando a pista do Roldán murciano, terceiro na táboa a só 1 punto, e só uns días despois volverá a xogar a domicilio fronte ao Penya Esplugues.
Un maratón que poñerá a proba a fortaleza do equipo adestrado por Manu Cossío, ilusionado por poder completar a mellor tempada da súa historia na máxima categoría do fútbol sala nacional.
Relacionadas:
-
Derrota na pista do Roldán para un Poio Pescamar que cede a segunda posición (4-1)
Por Redacción |
-
Remontada do Poio Pescamar no derbi ante o Ourense Envialia (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar dorme líder despois de golear o Leganés (6-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Axuste no calendario do Poio Pescamar para recuperar as xornadas perdidas pola covid
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar vence o Teldeportivo e continúa coa súa loita polo liderado
Por Almu Dapena |
-
Goleada pola vía rápida do Poio Pescamar ao Cidade de As Burgas (6-1)
Por Manu Otero |
-
Regreso á competición con vitoria para un Poio Pescamar que non sufriu ante o Viaxes Amarelle (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |