Un Arxil lastrado polas lesións e as dificultades para adestrar busca a vitoria fronte o Miralvalle
Por Redacción
O Arxil recibe este sábado, ás 19.30 horas no CGTD, o Miralvalle estremeño nunha semana marcada polas lesións e as restricións horarias que impediron adestrar con normalidade ao cadro verde.
A pesar das dificultades, as de Mayte Méndez queren volver ser o equipo sólido que demostraron ser durante o pasado mes de xaneiro. O do traballo é o único camiño válido para superar a un equipo que destaca pola calidade e fortaleza do seu cinco inicial.
O equipo cacereño é debutante na categoría froito da ampliación da mesma. Trátase dun conxunto moi ben reforzado para esta primeira andaina en LF2, aínda que presentan un plantel curto de rotación. Destaca o poderío físico das súas xogadoras interiores, así como a boa man e dinamismo das súas exteriores.
Desde o Arxil están convencidos de que a clave do partido vai estar no ritmo de xogo e no rebote. As verdes deben recuperar a intensidade defensiva desde o minuto 1 e mellorar as porcentaxes de tiro e de perdas de balón para facerse coa vitoria.
Relacionadas:
-
Excesivo castigo para un Arxil que mereceu máis ante o Miralvalle (49-60)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Nova derrota do Arxil ao caer por 58-40 no derbi ante o Cortegada
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Arxil en casa do Ibaizábal tras un desastroso primeiro cuarto (54-44)
Por Redacción |
-
Quinta vitoria para o Arxil, que sentenciou no último cuarto ante un combativo Rosalía (53-48)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |