Quinta vitoria para o Arxil, que sentenciou no último cuarto ante un combativo Rosalía (53-48)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Valiosa vitoria do Club Baloncesto Arxil a lograda este sábado ante a súa afección. Aínda que o equipo de Mayte Méndez estaba incompleto pola ausencia Bineta Ndoye, que se despediu do equipo esta semana, e de María Lago, lesionada no partido do domingo pasado ante Ibaizábal, soubo recompoñerse cando máis o necesitaba para vencer ao Ulloa Oil Rosalía por 53-48 e sumar a súa quinta vitoria esta tempada.
Empezou o encontro cheo de imprecisións para ambos os conxuntos, que cometían erro tras erro ao chegar ao aro. Alcanzábanse os primeiros 5 minutos e o marcador lucía o 2-2, claro reflexo do desacerto en ataque que se mostraban na pista. Reaccionou o Arxil nos últimos instantes aproveitando os tiros libres dunha Margarita Moreira moi activa en ataque e dunha Natalia López que se facía cos rebotes defensivos (12-9).
O esforzo en defensa das de Mayte Méndez estaba a ser case impecable no segundo cuarto, con todo, de fronte ao aro seguían sen estar acertadas. Así, víronse cun parcial en contra de 0-5 que enseguida foi remontado cun triplo da leonesa. A medida que pasaban os minutos, o Arxil atopábase máis cómodo e máis activo en ataque, endosando un 9-0 para chegar ao descanso cunha vantaxe de 11 puntos (28-17).
O paso polos vestiarios non veu ben ás de verde, que viron como as santiaguesas subían a liña defensiva e apertaban o partido para poñerse a tan só 3 puntos. Mayte Méndez aproveitou a baixada de intensidade das súas para parar o tempo e reordenar idéalas pero non xurdiu o efecto esperado, xa que o Rosalía seguiu crecendo ata establecer as táboas a 35 e chegar ao último cuarto con todo por decidir.
Primeiro Forster, e despois Natalia López cun triplo, colocaron ao Arxil con 5 puntos arriba. A bancada empezaba a animarse e as de Pontevedra responderon con catro puntos máis grazas á eficacia anotadora, por partida dobre, de Díaz-Pache (44-37).
Quedaba a metade de tempo por consumirse e o técnico visitante pedía tempo morto. As súas responderon recortando pero sen lograr poñerse a menos de 4 puntos; mentres, o Arxil aproveitaba o pequeno colchón que tiñan para manter o balón na súa posesión e deixar que correse o reloxo para sentenciar en 53-48.
Consulta as estatísticas do CB Arxil-Ulloa Oil Rosalía
Relacionadas:
-
Un Arxil lastrado polas lesións e as dificultades para adestrar busca a vitoria fronte o Miralvalle
Por Redacción |
-
Cortegada-Arxil, un derbi para tentar escapar da zona baixa
Por Redacción |
-
Derrota do Arxil en casa do Ibaizábal tras un desastroso primeiro cuarto (54-44)
Por Redacción |
-
Samra Omerbasic, reforzo para o Arxil desde a Liga Feminina
Por Redacción |
-
Un Arxil minguado polas baixas busca cortar a súa mala serie fronte ao recentemente ascendido Rosalía
Por Redacción |
-
Acordo para a saída de Bineta Ndoye do Arxil
Por Diego Espiño |
-
Un Arxil de altibaixos termina o seu maratón de partidos con derrota ante Ibaizábal (55-65)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Arxil remonta ante o Celta e termina rozando a vitoria (73-70)
Por Almu Dapena |
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria ante a súa afección á conta do Maristas Coruña (72-61)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |