E a Praza de España converteuse nun polideportivo
Por Diego Espiño
Nin a calor puido cos responsables e integrantes de varios clubs de base da cidade, que protagonizaron unha grande exhibición polideportiva na Praza de España con motivo do Móstra-T Deportivamente.
Ximnasia rítmica, loita olímpica, natación, esgrima, voleibol, taekwondo ou xadrez estiveron presentes nunha iniciativa que buscaba fomentar a práctica deportiva entre os máis pequenos.
Todo iso uns días antes de que se abra o prazo de inscrición das escolas deportivas municipais, con praza este curso para 1.895 nenos entre 4 e 14 anos.
Na propia praza outros clubs de base instalaron postos informativos no que puideron achegar a súa actividade ás persoas interesadas.