As escolas deportivas exhibiranse este venres na Praza de España
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Superar os 2.000 nenos inscritos o pasado ano nas escolas deportivas municipais é o obxectivo formulado polo concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, na presentación da actividade Móstra-T Deportivamente, unha iniciativa coa que esperan axudar na captación dos clubs deportivos.
En total serán cinco as escolas deportivas as que portagonizarán unha exhibición o próximo venres 13 de setembro na Praza de España de 17:00 a 20:00 horas.
Coa intención de "converter a praza nun polideportivo", os clubs responsables desenvolverán unha serie de actividades programadas.
O Móstra-T Deportivamente contará coa presenza do club de ximnasia Treboada, Loita Pontevedra, Sincro Galaico, Escola Hungaresa de Esgrima, Club Voleibol Pontevedra e Mace Sport de taekwondo.
Ademais instalaranse mesas informativas da Sociedad Gimnástica, Sociedade Cultural Deportiva Salcedo, Waterpolo Galaico, Club Xadrez Pontevedra e Ximnasia Rías Baixas.