O próximo luns abre o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais
Por Redacción
Durante a tempada 2013-2014 funcionarán en Pontevedra un total de 50 escolas deportivas municipais, tendo en conta os diferentes horarios e especialidades, nas que poderán anotarse un máximo de 1.895 nenos entre 4 e 14 anos.
Así anunciouno o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, quen confirmou ademais que o prazo de inscrición se abrirá o próximo luns, 16 de setembro, ata final de mes, podendo anotarse na portaría do Pavillón Municipal de 9:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 19:00.
O custo da matrícula para o ano completo é de 45 euros por neno, sufrangando outros 50 a concellaría, ademais de ceder as instalacións municipais.
Un total de 27 clubs faranse cargo das actividades cunha oferta que conta con case unha vintena de especialidades deportivas como o atletismo, baloncesto, voleibol, judo, balonmán, marcha atlética, triatlón, fútbol, loitas olímpicas, ximnasia, ximnasia rítmica, trampolín, educación física de base, fútbol sala, fútbol 8, rugby, tenis, tenis de mesa e xadrez.
Todas estas actividades complétanse ademais cun curso de iniciación e perfeccionamento de natación na piscina de Campolongo.
Consulta aquí todas as especialidaes e horarios dispoñibles.