A Federación Galega fai oficial o ascenso do Ribadumia a Terceira e do Umia, a Preferente
Por Manu Otero
É oficial, a tempada futbolística do fútbol galego está terminada. A Comisión Delegada da Real Federación Galega deu validez ás clasificacións do momento no que o estalido da pandemia do coronavirus obrigou a paralizar as competicións e outorgou os saltos de categoría á aqueles equipos que ocupaban postos de ascenso.
Nas comarcas de Pontevedra e Arousa, os principais beneficiados desta decisión, que este mércores ratificou o Comité de Competición, son Ribadumia e Umia, que dominaban os seus grupos de Preferente e Primeira Galicia respectivamente.
Os ascendidos a Terceira División son Viveiro e Fisterra, do grupo norte de Preferente; así como Ribadumia e Atios, do grupo Sur. Ademais do Umia, neste último grupo estarán o próximo curso o Caselas e o Verín.
Dado que a actual situación sanitaria impide a disputa en condicións de seguridade dos playoff de ascenso. A Federación Galega acordou outorgar estas prazas aos mellor clasificados de cada categoría en función do número de puntos ou criterios de deportividade tal e como establece o regulamento. Ademais, só poderá ascender un equipo por cada categoría segundo este criterio.
Con esta premisa, do grupo de Pontevedra-Vigo de Primeira Galicia, o Alertanavia é o que promociona a Preferente.
Os ascensos desde Segunda Galicia son para A Lama e San Adrián, mentres que desde Terceira División soben Monte Porreiro, Soutomaior, Catoira, Caldas e Sporting Libertad, que por ser o mellor clasificado promociona sen ter que disputar a fase de ascenso.
É preciso lembrar que, dado que as ligas terminaron de forma abrupta, a Federación Galega acordou suspender os descensos, polo que a próxima tempada algunhas ligas verán incrementado o número de participantes. Un feito que obrigará aos organizadores da competición para axustar calendarios ou, se é necesario, crear novos subgrupos.
No fútbol feminino, o SD Chispa ascende á Primeira División Galega, á que tamén promocionan Aguiño, Lugo e Tordoia. O salto desde a Primeira Galega á Segunda Nacional é para o Mos.
Relacionadas:
-
O Umia CF celebra o ascenso a Preferente do sénior masculino
Por Redacción |
-
O Ribadumia presenta a Charles e Pablo González e avanza con paso firme na composición do plantel
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Ribadumia renova o seu capitán, Miguel Vázquez
Por Redacción |
-
O Ribadumia celebra o ascenso a Terceira División
Por Redacción |
-
Na familia Fandiño Reissmann os ascensos celébranse de tres en tres
Por Diego Espiño |
-
A Asemblea da Federación Galega de Fútbol valida o fin das competicións aplicando a clasificación ao 14 de marzo
Por Redacción |
-
Como finalizar as competicións autonómicas, dúbida da Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |