Andrea Carrera confirma a súa continuidade por segundo ano no Arxil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Arxil segue pechando a composición do equipo que buscará a permanencia na Liga Feminina 2 e confirmou nas últimas horas a continuidade da aleiro Andrea Carrera.
Andrea cumprirá así o seu segundo ano no equipo verde despois dunha primeira tempada na que os problemas físicos lle apartaron da cancha boa parte da competición.
A xogadora, formada na base do Celta de Vigo e definida polo coordinador do club Lino Vázquez como "atrevida en ataque, con moito descaro e moi agresiva en defensa", únese así á lista de confirmadas xunto a Carla Fernández, María Lago, María González, María Quiroga ,Cristina Díaz, Fany López e Olga Federova.
O Arxil espera agora a contestación de Ana Martín, Sandra Entenza e Jara Tuda. Ademais o corpo técnico está a buscar unha pivot para reforzar o xogo interior de Fedorova e Fany.