A base Carla Fernández estará por cuarta tempada consecutiva no Arxil
Por Redacción
Chegou hai tres tempadas do Carmelitas de Ourense sen facer ruído e na súa primeira tempada tivo a Marta Taboada de compañeira no posto de base, na segunda tempada tivo á francesa Onayssa e na súa terceira tempada conseguiu a titularidade no seu posto de base, cumprindo de sobra co seu papel.
O corpo técnico do Arxil definen a Carla como "unha gran defensora, con moita desenvoltura en ataque e moi rápida nas transicións defensa-ataque e sobre todo ten unha calidade que é digna de admiración é ambiciosa en seguir mellorando día a día, en traballar máis e mellor pero sobre todo é compañeira das súas compañeiras".
Na súa primeira tempada 2010-2011 xogou 484 minutos anotando 79 puntos. Na tempada 2011-2012 xogou 224 minutos e anotou 32 puntos. Nesa segunda tempada non puido adestrar todo o que ela tivese desexado nin xogar xa que o seu traballo non lle permitía dedicarse ao 100% ao equipo.
O 2012-13 foi a explosión de Carla xa que ela foi unha aposta persoal do equipo técnico e a parte de meterse o público no peto fixo uns números moi notables: 631 minutos, anotou 110 puntos, rebotes 85, con 39 asistencias, 50 balóns recuperados e 63 perdidos, sendo a terceira máis valorada do equipo.
Pero sobre todo soubo asumir a responsabilidade de levar o equipo nunha situación límite.
O corpo técnico do Arxil quería que quedase no equipo xa que están "convencidos de que esta tempada vai ser a consolidación de Carla da gran base que é".
Para Lino Vázquez, Coordinador do Arxil, "Carla será xogadora importante no futuro equipo pero éo aínda máis como persoa que sempre esta aí para axudar, para apoiar ao club e o máis importante a tirar das novas para conseguir chegar ao final de tempada con bo posto ao igual que o resto do equipo", a día de hoxe: Carla Fernández, María Lago, María González, María Quiroga, Cristina Díaz Pache, Fany López e Olga Federova.
Relacionadas:
-
Andrea Carrera confirma a súa continuidade por segundo ano no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil comezará a Liga xogando no Estadio da Xuventude ante o Universitario de Ferrol
Por Redacción |
-
O C.B. Arxil xa coñece aos seus rivais para a Tempada 2013/2014
Por Redacción |
-
A aleiro do Celta de Vigo, María González Centeno, ficha polo Arxil
Por Redacción |