Tere Abelleira esfolla a margarida da súa renovación co Deportivo
Por Redacción
Finalizada de forma prematura a liga Iberdrola de fútbol feminino, comeza xa a soar o clásico baile de nomes de todos os veráns e un que soa con forza é o da pontevedresa Tere Abelleira. A xogadora do Deportivo, foi xunto ao seu club una das grandes revelacións da tempada, e sobre a mesa ten unha oferta de renovación e a proposta doutros clubs grandes da liga, hai interese do FC Barcelona ou o Real Madrid, para dar un novo salto na súa carreira.
A centrocampista participou esta semana nunha charla dixital, organizada pola Federación Galega de Fútbol, con compañeiros de profesión como Vero Boquete, Diego López ou Borja Iglesias e o seu futuro foi un dos temas de conversación. "Non creo que faga falta cambiar de aires para seguir evolucionando porque o Dépor cada ano crece máis", dixo a pontevedresa que respondeu cun "non sei" cando Boquete preguntou se iso significaba que quedaba no cadro coruñés.
Tamén se mollou a futbolista ao dar a súa opinión contraria á decisión da RFEF de dar por terminada a liga, algo que non ocorre no fútbol masculino. "Aquí vese de verdade o que apostan por nós. Cada vez hai máis apoio, pero se o chegan a facer doutra forma sería un gran punto para nós", rematou.
Sobre o seu futuro habó tamén o seu adestrador no Deportivo. Manu Sánchez está seguro de que "o mellor sitio para Teresa Abelleira é o Deportivo, pero a decisión corresponde á xogadora". Aínda que quere seguir téndoa ás súas ordes, advirte que o club non poderá esperar moito máis tempo para que tome unha decisión definitiva. "A oferta de renovación está aí, pero nós non podemos esperar porque o tempo corre e o mercado móvese", avisou.
LUISITO ABANDONA O DEPORTIVO
Os movementos non cesan na casa branquiazul, que este xoves fixo oficial a marcha do exentrenador do Pontevedra Luisito. O técnico santiagués, xunto ao seu preparador físico Roberto Valdés, pon punto e final a unha etapa de tempada e media en Abegondo despois de que o club decidise non renovar o seu contrato que acabou, como a tempada, de forma prematura e co Fabril fose dos postos de fase de ascenso.
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira inicia oficialmente a súa etapa como xogadora do Real Madrid
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira despídese do Deportivo: "Teño a sensación de volver a marchar de casa, de volver deixar a miña cidade"
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira repite na lista da Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira estréase na Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
A España de Teresa Abelleira cae en semifinais do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira asina o primeiro contrato profesional do fútbol feminino galego
Por Redacción |