Teresa Abelleira estréase na Selección Española Sub-20
Por Redacción
A pontevedresa Teresa Abelleira segue queimando etapas dentro das categorías inferiores da Selección Española de fútbol.
A centrocampista do Deportivo está a protagonizar un arranque espectacular de liga no seu debut en Primeira División, co seu equipo pelexando no liderado co actual subcampión europeo, o Barcelona, e ese rendemento non pasou desapercibido.
É un dos motivos polos que, tras abandonar a categoría Sub-19 coa que se proclamou en 2018 campioa continental, foi convocada para os primeiros partidos do combinado nacional Sub-20 na súa preparación para a fase final da Copa do Mundo que se disputará en Nixeria durante o próximo verán.
Abelleira, que estará acompañada por dous das súas compañeiras no Deportivo como son María Méndez e Athenea doel Castillo, é unha das 21 xogadoras citadas para a concentración que se estenderá do luns 4 ao domingo 10 de novembro na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
Durante ese tempo España Sub-20 afrontará dous encontros amigables, o xoves 7 de novembro ante Rusia e o sábado 9 contra Francia.
A convocatoria completa da Selección Española Sub-20 compóñena: Oihane Hernández (Athletic Club); Laia Aleixandri (Atlético de Madrid); Jana Fernández, Laia Codina, Clàudia Pina e Candela Andújar (FC Barcelona); María Méndez, Teresa Abelleira e Athenea del Castillo (RC Deportivo); Anna Torrodá e Elena Julve (RCD Espanyol); Eva María Navarro (Levante UD); Silvia Rubio (Madrid CFF); Rosa Márquez (Real Betis); Nerea Eizaguirre e Adriana Nanclares (Real Sociedad); Catalina Thomas Coll e Olga Carmona (Sevilla FC); Lorena Navarro (CD Tacón); e Enith Salon e Berta Pujadas (Valencia Féminas).
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira inicia oficialmente a súa etapa como xogadora do Real Madrid
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira despídese do Deportivo: "Teño a sensación de volver a marchar de casa, de volver deixar a miña cidade"
Por Redacción |
-
Tere Abelleira esfolla a margarida da súa renovación co Deportivo
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira repite na lista da Selección Española Sub-20
Por Redacción |
-
A España de Teresa Abelleira cae en semifinais do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira estará na fase final do Europeo Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira e Nieves Gamallo, entre as galardoadas nos Premios do Deporte Feminino Galego 2018
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira celebra a clasificación da Selección Española Sub-19 para o Europeo
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, protagonista no paso da Selección Española Sub-19 por Galicia
Por Redacción |