VÍDEO.- O Club Amigos do Baloncesto súmase ao 'Queda na casa'
Por Redacción
O Club Amigos do Baloncesto quixo sumarse á iniciativa dos equipos deportivos de realizar un vídeo cunha mensaxe de ánimo e apoio para soportar estes días de corentena.
É por iso que, seguindo a idea de Susi, unha das nais do equipo, o equipo Premini Masculino Amarelo lembra que "pronto verémonos nas canchas" a través dun vídeo no que se utiliza o tema colaborativo 'Queda na túa casa' que, xunto a 'Resistiré', converteuse no himno do confinamento.
Na peza, os xogadores do equipo premini masculino e a súa adestradora Susana, demostran a súa habilidade coa pelota e a canastra e envían mensaxes positivas a través de debuxos porque "xuntos somos invencibles" e "podemos contra o coronavirus".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Saúl Rodríguez, do Club Acuático Umia, únese á campaña #EstaMedallaEsVuestra en beneficio de Cruz Vermella
Por Redacción |
-
VÍDEO.- As 'vikingas' do Umia CF teñen unha mensaxe para ti
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- "Nunca choveu que non escampara", o berro de ánimo da comunidade escolar do CEIP Parada-Campañó
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A canteira do Teucro 'resistirá'
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O alumnado do colexio Doroteas anima a seguir quedándose na casa
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O Club Voleibol Pontevedra tamén anima a quedar na casa
Por Redacción |