VÍDEO.- A canteira do Teucro 'resistirá'
Por Redacción
Son días complicados, pero a canteira da Sociedad Deportiva Teucro non perde o sorriso e o positivismo.
Xogadores, xogadoras e membros do corpo técnico dos diferentes equipos da entidade protagonizaron un vídeo ao ritmo da canción 'Resistiré', para dar ánimo nestas xornadas de confinamento.
Pese ao parón da actividade deportiva, os adestradores teucristasenviaron rutinas de adestramento aos integrantes de cada un dos equipos, para que poidan seguir adestrando na casa na medida das súas posibilidades e coa esperanza de poder regresar ás pistas de xogo e a gozar do seu deporte canto antes.
Mentres tanto iniciativas como este vídeo permiten á canteira azul mostrar a unión da que tanto se enorgullece o balonmán.
Relacionadas:
-
A Federación de Balonmán pregunta aos clubs se estarían dispostos a xogar a porta pechada no verán
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- O Club Amigos do Baloncesto súmase ao 'Queda na casa'
Por Redacción |
-
VÍDEO.- As 'vikingas' do Umia CF teñen unha mensaxe para ti
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- O Club Voleibol Pontevedra tamén anima a quedar na casa
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O boxeador Aarón González adestra na casa 'a zapatillazos'
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O Pontevedra Rugby Club adestra na casa... á súa maneira
Por Redacción |