VÍDEO.- O Bádminton Ravachol Pontevedra apúntase aos retos virais e lanza o seu propio desafío
Por Redacción
O Club Bádminton Ravachol Pontevedra quixo poñer da súa parte para concienciar á sociedade da responsabilidade de loitar entre todos contra o coronavirus Covid-19, e para iso apuntouse á moda dos retos co obxectivo de tentar facer máis levadíos os días na casa.
Do mesmo xeito que os desafíos popularizados nas últimas xornadas nas redes sociais, especialmente co papel hixiénico como protagonista, neste proponse demostrar a habilidade usando un volante de bádminton.
En concreto a idea é un exercicio de puntería consistente en introducir o volante nun vaso.
Os deportistas do primeiro equipo do club, que vén de certificar (a falta de confirmación oficial) o seu ascenso á máxima categoría nacional, son os primeiros que deron exemplo cunha serie de vídeos, nos que se pode ver a Manuel Brea, Ana Carbón, Amaia Torralba, Pablo Sanmartín e Gabriel Fernández.
Coa intención de converter o reto en viral, o Ravachol Pontevedra trasladou o desafío a todos os practicantes do seu deporte, a escolas deportivas, a pais de xogadores e a toda a sociedade en xeral. Cantos o conseguirán?
Relacionadas:
-
Noelia Gestoso, cuarta renovación do Bádminton Pontevedra
Por Redacción |
-
Conseguir os recursos para competir en División de Honra, un reto de altura para o Bádminton Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Ana Carbón, segunda peza confirmada para o proxecto do Bádminton Pontevedra na División de Honra
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol Pontevedra renova o seu capitán, Alejandro Nogueira
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O Pontevedra Rugby Club adestra na casa... á súa maneira
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O divertido adestramento na casa dos xogadores do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Os retos en redes sociais, un dos populares pasatempos da corentena
Por Boris Rodríguez Pintos |